jueves, 16 de octubre de 2014

Chegou o outono

Así que saímos ao patio e descubrimos as diferencias entre árbores de folla caduca e folla perenne. Aproveitando as follas das árbores fixemos estes ourizos tan lindos.



Con estas follas decoraramos as fiestras da nosa aula:



Tamén aprendemos esta canción sobre as estacións do ano:

miércoles, 15 de octubre de 2014

E marchando outra actividade para aprender a direccionalidade dos trazos das letras!


Para xogar fai clic aquí.
Onte estivemos falando dos nosos medos: á escuridade, ás arañas, aos monstruos... Pero seguindo o consello de Fina Casalderrey decidimos "metelos todos nun baúl, pechalo con chave e así facer os medos máis pequenos"


Para ver a historia facer clic aquí.

Conto colgado en youtube por "politicalinguistica".

martes, 14 de octubre de 2014

Hoxe traballamos con este interesante enlace onde poidemos realizar distintas actividades, como por exemplo: recoñecer a letra inicial das palabras, ordenar secuencias, memories... 




Pinchar aquí
Aquí vos deixo un enlace dunha actividade onde podedes ver e practicar a grafía das letras que estamos a utilizar agora que xa somos de primeiro de primaria. É importante que a dirección do trazo sexa a mesma que a que ahí sae reflectida. Espero que vos sexa de utilidade!

clic aquí: Escribimos en minúsculas

lunes, 6 de octubre de 2014