jueves, 18 de diciembre de 2014

TEATRO DE NADAL

Xa se achegan as vacacións de Nadal e os alumnos dos cursos superiores prepararon con moito agarimo unha representación na que se facía unha adaptación de varios contos tradicionais.

Estamos moi agradecidos pola súa invitación. A verdade é que o fixeron estupendamente! 





MURAL DE NADAL


martes, 9 de diciembre de 2014

CONTAMOS ATA O 100.

Hai que ver canto aprendemos!

Fai tres meses apenas sabíamos contar uns cantos números e agora... non temos fin!

E se ademais o facemos cantando e bailando unha conga, entón habemos chegar ata o mil!








Enlace coa canción de YOUTUBE.

martes, 2 de diciembre de 2014

PAPÁ NOEL

Xa queda moi pouquiño para que comece a festa máis esperada por todos. 

O Nadal xa está aquí, e Papá Noel ten toda a roupiña lista para ese día tan especial. 














TARXETAS DE NADAL

Xa chegou o nadal, e nós, que somos uns grandes artistas, non podiamos deixar pasar esta oportunidade para demostrar ás nosas familias a boa man que temos.

Comezamos pouco a pouco, sen prisa pero sin pausa.







Fixemos unhas tarxetas moi xeitosas, pero o traballo non remataba ahí, agora tiñamos que aprender cal é a nosa dirección e a completar os datos no lugar correspondente do sobre... e tamén decoralo un pouquiño!

Estou convencida de que o resultado deixou sen palabras a todos!

lunes, 1 de diciembre de 2014

VALORES: "LA OVEJA PELADA"

Simpatiquísima este corto.  Porque da igual a cor, o importante é o interior das persoas... ou ovellas!!!