Precioso corto sobre os prexuízos.
Traballamos a importancia de non fixarse unicamente nas apariencias, posto que podemos levar unha grata sorpresa se lle damos unha oportunidade a todas as persoas, animais, etc.
Traballamos coa técnica do collage estes días. A partir dun vaso de iogur fixemos unha maceta moi xeitosa. Cuns algodonciños húmidos e uns cantos legumes montamos esta sementeira. A ver que tal se nos da a colleita!