martes, 29 de marzo de 2016

DIVERTICIENCIAS: Xogo "Juguemos al Zoo"

Toca agora repasar os contidos de ciencias da natureza. Anfibios, mamíferos, aves, réptiles... Todas as características dos animais aprendidas ao longo do trimestre vannos servir para adiviñar o animal agochado na cabeza de cada un de nós. Traballamos tamén a expresión en lingua galega e a descrición.






DIVERTIMÁTICAS: A casiña

Novos conceptos traballados en matemáticas!

Iniciámonos na xeometría coñecendo os nomes dalgúns polígonos, como por exemplo os hexágonos, pentágonos... Tamén aprendemos o que son os lados, os ángulos e as aristas destes.  Ao principio vainos custar un pouquiño aprender estos nomes tan novos para nós, pero seguro que a través destas actividades o van a memorizar nun intre.

Aquí podedes ver como unindo varias figuras planas... Tachán! Xa temos unha casiña!!!




















VIII FEIRA DE ALIMENTACIÓN E XOGUETES

O pasado venres 11 de marzo os alumnos de 2º B recibimos unha invitación moi especial. Os alumnos de 6º B organizaron unha feira na que había de todo: repostería caseira deliciosa, palomitas, gominolas, batidos e incluso algúns xoguetiños.  Os alumnos recibían a súa chegada unha carteira con euros simulados coa que podían mercar aquelas cousas que máis lle gustasen. Os rapaces disfrutaron moitísmo e queren que estas iniciativas se repitan polo menos unha vez ao mes!!!!!

Un dez para os alumnos de 6º pola magnífica organización da actividade!!!!










VALORES: Piedra, papel, tijera.




Hoxe estivemos falando do bulling nos centros escolares. Dos propios rapaces saíron un montón de reflexións que demostran que os nenos, con sete ou oito anos, son moito máis maduros do que os adultos imaxinamos e conscientes de todo o que acontece ao seu arredor. Despois de case dous cursos falando dos valores, podemos dicir que os nosos rapaces son máis empáticos e solidarios cos acosados e intolerantes cos acosadores.



viernes, 11 de marzo de 2016

Semana da Prensa

Como cada ano, dende o 1989, os centros educativos celebramos a semana da prensa. Poidemos coñecer e ollear distintos xornais. Os nosos pequenos xa coñecen as principais seccións: internacional, nacional, local, deportes, sociedade... Agora toca converterse en xornalistas  e, como tal,  comezar a escribir os seus primeiros titulares.